Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ORQUESTRA SONDESEU ACTUARÁ O 14 DE MAIO NO PAZO DA CULTURA
A música folk protagonizará este espectáculo musical, dirixido a todos os públicos
Narón, 12 de maio de 2016. A orquestra galega de música folc contemporánea SonDeSeu actuará este sábado, día 14, no Pazo da Cultura. Os integrantes da formación interpretarán un amplo repertorio con temas de música popular de Galicia. Este espectáculo musical ten unha duración de aproximadamente unha hora e media e diríxese a todo tipo de públicos. A actuación comezará ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para os abonados. SonDeSeu conta xa con tres publicacións discográficas –a primeira do ano 2004- e numerosos recoñecementos a nivel nacional e internacional. Os concertos desta formación apostan por recuperar o patrimonio oral, ao tempo que o integran na modernidade, facendo ademais que o público asuma un papel activo durante os seus espectáculos. No Pazo da Cultura presentarán este sábado o seu novo traballo, con temas tradicionais adaptados e outros compostos polos seus integrantes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal