Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE SOLICITUDE PARA ACOLLER A NENOS SAHARAUIS DURANTE ESTE VERÁN REMATA A FINAIS DE ABRIL
O Concello colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para facer posible o programa "Vacacións en paz".
Narón, 10 de Abril.- O Concelleiro de Servizos Sociais Xerais e Infancia, Miguel Hermida, ven de anunciar a apertura do prazo de solicitude para as familias que desexen participar no programa de acollida de nenos saharauis “Vacacións en Paz”. Os interesados poderán recoller a correspondente instancia no Servicio Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello) ata o próximo 23 de Abril. A acollida dos pequenos/as, de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos, será durante os meses de Xullo e Agosto. Hermida lembrou que o Concello de Narón leva once anos colaborando con este programa, promovido pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. “Narón é o municipio que máis nenos acolle de toda a comarca. En edicións anteriores, trouxemos 12 ou 13 nenos pero este ano queremos chegar ata os 15, ou superar esta cifra si é posible”, sinalou. Na mesma liña se pronunciaron o delegado e a subdelegada desta asociación en Ferrolterra, Tomás Porto e Mª Teresa Martínez. Esta última salientou a importancia de este proxecto de acollida temporal, que sirve “para sensibilizar á xente da problemática que vive o pobo saharaui dende fai moito anos, e ó mesmo tempo permite ós nenos pasar revisións médicas, mellorar o castelán e o galego, e darlles un tempo de ocio”. Martínez lembrou as duras condicións de vida dos campamentos de Tinduf, en cuios desertos se alcanzan en verán os 58º á sombra. Tomás Porto, delegado de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, engadiu que o programa está subvencionado ó cen por cen polos concellos galegos, 200 dos cales xa colaboran con esta iniciativa solidaria. “Narón é ademáis un dos concellos de Galicia que máis nenos acolle, e queremos traer nesta edición a 1.000 nenos á nosa comunidade”, apuntou. Para facer posible esta estancia en España, a asociación a través da Comisión Médica de Galicia, realiza varias visitas ós campamentos de Tinduf nos que se valora ós nenos de cara á súa inclusión no programa “Vacacións en Paz”. Porto finalizou lembrando que “a comunidade internacional ten unha débeda co pobo saharaui, e a axuda internacional non chega ós seus campamentos”, dixo.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es