Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO ESPECTÁCULO "A ALFOMBRA MÁXICA"
A actividade, organizada pola Concellería de Ensino, diríxese a nenos e nenas de 0 a 3 anos e ás súas familias e desenvolverase o vindeiro 1 de xullo
Narón, 28 de xuño de 2016. Os nenos e nenas de 0 a 3 anos e as súas familias son os destinatarios da actividade “A alfombra máxica”, organizada pola Concellería de Ensino a través do Servizo de Normalización Lingüística para este venres, día 1 de xullo. A edil da área, Mercedes Taibo, anunciou a apertura do prazo de inscrición –ata o 30 de xuño ás 14.00 horas-, no propio Servizo de Normalización Lingüística do Concello –no quinto andar-, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1516) ou a través do correo electrónico: a.pita@naron.es. A actividade, de balde, desenvolverase no local social da Solaina en dúas sesións, ambas pola tarde. A primeira das convocatorias terá lugar entre as 18.30 e as 19.10 e a segunda de 19.30 a 20.10. A concelleira de Ensino explicou que se trata dun espectáculo sensorial dirixido a bebés, no que os menores “terán a oportunidade de descubrir nunha colorida alfombra táctil moitas emocións e sensacións con actividades moi variadas e nas que non faltarán a música nin as sorpresas”. Apalpando, manipulando, vendo e escoitando na “alfombra máxica” os nenos e nenas mergullaranse nunha viaxe sensorial xunto cos seus pais e nais. A artista plástica Mirari Urruzola, de Títeres Babaluva, será a encargada de invitar aos asistentes a experimentar as diferentes sensacións durante o espectáculo, de algo máis de media hora de duración. A iniciativa, subvencionada pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, enmárcase no proxecto Apego de socialización en galego da infancia, tal e como recordou a edil de Ensino.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal