Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE CORENTA E CINCO PERSOAS INICIAN TRES CURSOS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
Un grupo de quince persoas comezará as clases teóricas o 30 de xuño e os trinta restantes o vindeiro 6 de xullo
Narón, 29 de xuño de 2016. Un total de quince persoas desempregadas da comarca iniciarán o 30 de xuño nas instalacións do Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, un dos cursos do programa de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Este curso sobre “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” ten unha duración total de 628 horas (rematará o 18 de novembro), das que 120 son de carácter práctico, e os participantes recibirán ao remate do mesmo un diploma acreditativo co que poderán solicitar o certificado de profesionalidade, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. No marco das propostas formativas AFD, outras trinta persoas comezarán o vindeiro 6 de xullo outros dous cursos –quince participantes por cada modalidade-, sobre “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” e de “Montaxe de mobles e elementos de carpintería”, en ambos casos de 478 horas e das que 80 son prácticas. Estas últimas accións formativas rematarán o vindeiro 28 de outubro. O alumnado que realizará os tres cursos seleccionouse desde o Concello a través dos listados facilitados desde a Oficina de Emprego. A edil de Formación recordou que o Concello de Narón conta na actualidade con varios cursos homologados e entre os mesmos, os tres citados anteriormente ofrecen a posibilidade de obter o certificado de profesionalidade. Natalia Hermida subliñou a importancia deste tipo de convocatorias, de carácter teórico e práctico, de cara a incrementar a formación e as posibilidades de inserción laboral das persoas que participan. “Nuns tempos nos que son moitas as dificultades para poder acceder a un posto de traballo a formación xoga un papel fundamental e desde o goberno local continuaremos apostando por esta vía e buscando a colaboración supramunicipal para poder ofertar ás persoas desempregadas toda a axuda que sexa posible desde o Concello nesta área”, destacou a edil naronesa.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es