Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LA ASOCIACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA ENSAYARÁ EL DÍA 15 EN LA PLAZA DE GALICIA
A iniciativa, impulsada polo Padroado da Cultura, enmárcase no programa de actividades culturais ao aire libre en espazos públicos municipais
Narón, 14 de xullo de 2016. A Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical “Sementeira”, sairá novamente á rúa esta fin de semana para ensaiar ao aire libre parte do seu repertorio, neste caso simulando un desfile. Así o indicou a vicepresidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que avanzou que a actividade terá lugar o vindeiro sábado, día 16, na Praza de Galicia a partir das 12.00 horas. A iniciativa enmárcase nas sesións que desde o Padroado da Cultura se convocan na localidade para fomentar o desenvolvemento de actividades, neste caso musicais, ao aire libre e en espazos públicos de Narón. Os veciños e veciñas do municipio terán a oportunidade de ver o intenso traballo que os músicos de “Sementeira” realizan ao longo do ano, tal e como apuntou a vicepresidenta do Padroado. A Asociación Cultural Musical “Sementeira” ten un convenio co Padroado da Cultura de Narón para impartir clases de solfexo e instrumentos na localidade a persoas de diferentes idades (a partir de cinco anos). Ademais das clases, tanto a Banda Infantil como a Xove Banda de Narón protagonizan ao longo do ano varios concertos en actos convocados na localidade e tamén noutros concellos.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es