Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EMPRESA COSMA ANUNCIA UN CORTE DE AUGA NUN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA POLAS OBRAS DO SANEAMENTO
A restrición no subministro terá lugar entre a noite do vindeiro mércores, día 20 e primeira hora do xoves 21 e afecta ao tramo do vial entre a rúa Concepción Arenal e a avenida Miguel de Cervantes
Narón, 18 de xullo de 2016. A empresa mixta de augas do Concello (Cosma) procederá a cortar o subministro de auga nun tramo da estrada de Castela, comprendido entre os cruces da rúa Concepción Arenal e da avenida Miguel de Cervantes, o vindeiro mércores, día 20, a partir das 22.00 horas. O corte será efectivo ata a xornada do xoves, día 21, ata as 8.00 horas, tal e como indican desde a empresa, e poderá repercutir nos viais transversais da zona afectada –na marxe dereita da citada estrada, cara a Xuvia, en dirección Ferrol-Narón- con baixadas na presión do subministro de auga. A medida responde á necesidade de continuar executando as obras do interceptor, para desfacer o “by-pass” da rede xeral de abastecemento que foi preciso realizar para que a empresa que executa os traballos puidese instalar o interceptor xeral no cruce da estrada de Castela, á altura do Parque Fluvial do Río Freixeiro. Desde a Concellería de Servizos, o edil Ibán Santalla solicitou desculpas ás persoas afectadas polas molestias que o corte no subministro e as baixadas na presión poidan ocasionar durante as horas indicadas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal