Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO ORGANIZAN O "CLUB DE LECTURA FÁCIL"
A iniciativa desenvolverase o vindeiro mes de outubro e diríxese a persoas maiores de idade con dificultades lectoras
Narón, 12 de setembro de 2016. A Biblioteca Municipal de Narón colaborará na actividade “Club de lectura fácil”, impulsada pola Asociación Nuestra Señora de Chamorro e que comezará a desenvolverse a partir do vindeiro mes de outubro. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunhas xornadas de “lectura fácil” que consisten na adaptación de libros, páxinas web e outros documentos para unha comprensión máis sinxela por parte dos lectores e que se dirixe a persoas con dificultades lectoras transitorias ou permanentes. Os interesados en inscribirse –de balde- poden facelo a partir de mañá, día 13, nas instalacións da Biblioteca Municipal ou chamando por teléfono ao número 981 382 173. A edil recordou que para poder participar é obrigatorio ter cumpridos dezaoito anos. A adaptación dos textos realízase seguindo as directrices que ao respecto marcan -en canto á linguaxe, ó contido e á forma- a Federación Internacional de asociacións e institucións bibliotecarias e Inclusion Europe, tal e como apuntou Taibo. A responsable da área de Bibliotecas convidou á poboación inmigrante con dificultades para falar o noso idioma, persoas con escolarización deficiente, con trastornos de aprendizaxe, diversidade funcional ou discapacidade auditiva, entre outros colectivos, a acudir a estas convocatorias do “Club de lectura fácil”. As sesións desenvolveranse a partir da primeira semana de outubro na Biblioteca Municipal, donde se organizarán varios grupos que se reunirán unha vez ao mes para ler materiais catalogados como “lectura fácil”. Un grupo de monitores da Asociación Nuestra Señora de Chamorro será o encargado de traballar cos participantes, tal e como explicou Taibo. Previamente, na semana do 26 ao 30 de setembro, convocarase ás persoas inscritas a unha reunión na que se presentará máis polo miúdo esta actividade e se fixará a data de inicio do “Club de lectura fácil”. A raíz desta iniciativa a Biblioteca Municipal de Narón disporá dunha sección propia con material de “lectura fácil”, tal e como avanzou a concelleira da área.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal