Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
As persoas interesadas dispoñen de quince días de prazo, a partir do 16 de setembro, para cubrir e entregar as instancias do Concello
Narón, 15 de setembro de 2016. O Concello de Narón abrirá mañá, día 16, o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de material didáctico e escolar para o curso 2016-2017. Reservouse unha partida de 24.790 euros destinada a estas subvencións, que se poderán solicitar no Rexistro municipal nun prazo de quince días naturais –contados a partir de mañá-. O documento a cumplimentar pódese descargar tamén da páxina web do Concello de Narón: www.naron.es. As familias empadroadas en Narón –cunha antigüidade mínima de seis meses- con fillos escolarizados en segundo ciclo de educación Infantil, educación Primaria, ESO, Bacharelato, Formación Profesional de Ciclos medios, Educación Secundaria de adultos e centros de Educación Especial poden beneficiarse destas axudas para material escolar. Tamén poden acollerse aquelas familias cuxos fillos e fillas están escolarizados en centros de fóra do municipio por prescripción da Comisión de Escolarización ou da Inspección de Educación e o alumnado de FP ou Bacharelato con modalidades que non se oferten en Narón. O importe a recibir para comprar material didáctico e escolar -según o nivel escolar- é de 60 euros en educación Infantil; de 70 euros en Primaria; 90 euros en Secundaria; 180 euros para Bacharelato e Formación Profesional (Ciclos medios) e 150 euros para Centros de Educación Especial.
Descarga de archivos
Instancia axudas material escolar
Tamaño:331,65 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es