Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ESCOLA DE MÚSICA MODERNA E DE SOLICITUDE DAS AULAS DE ENSAIO DA CASA DA MOCIDADE
Os beneficiarios das iniciativas son mozos e mozas de entre 12 e 30 anos empadroados no municipio naronés
Narón, 15 de setembro de 2016. As persoas interesadas en anotarse nas actividades da Escola de Música Moderna ou reservar as Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade, na Gándara, deben cumplimentar as instancias que poden recoller no Concello ou descargar da páxina web. Para o curso 2016-2017 a través da Escola de Música Moderna impartiranse clases de Guitarra –nivel de iniciación I e II-; de Batería e de Piano, tal e como apuntou a edil de Mocidade, Natalia Hermida. A concelleira recordou tamén que as prazas son limitadas –cubriranse por orde de inscrición- e que as clases, que se impartirán na Casa da Mocidade se dirixen a rapaces e rapazas de entre 12 e 30 anos, que deben estar empadroados en Narón. Así mesmo, o Concello mantén aberto o prazo para participar nas Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna. Os grupos musicais interesados en reservar horarios poden facelo tamén indicando na solicitude habilitada para tal fin desde o Concello os datos do grupo –nome, número de compoñentes e estilo musical- e a data e horario solicitados de entre os dispoñibles –marcando dúas opción según o día e o horario elixidos-. Para obter máis información pódese chamar á OMIX de Narón, ao teléfono 981 337 700 (ext. 1103) ou dirixirse ao correo electrónico: omix@naron.es.
Descarga de archivos
Solicitude Escola de Música Moderna
Tamaño:150,81 KB
Aulas de Ensaio
Tamaño:154,25 KB

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es