Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE AS AXUDAS DO FONDO MARÍTIMO E DE PESCA NO PAZO DA CULTURA
A xuntanza diríxese a persoas físicas e xurídicas, confrarías de pescadores e asociacións e federacións de pesca, entre outros colectivos
Narón, 19 de setembro de 2016. Integrantes do Grupo de Acción Local (GALP) Golfo Ártabro Norte participarán nunha reunión informativa o vindeiro 22 de setembro que terá lugar nas instalacións do Café Teatro do Pazo da Cultura. A xuntanza comezará ás 20.00 horas e no transcurso da mesma abordaranse as axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 (no ámbito territorial desde Narón ata Paderne), ao ser o GALP Golfo Ártabro Norte unha das entidades colaboradoras da Consellería do Mar na xestión das mesmas. O edil de Urbanismo e representante do Concello de Narón na entidade, Manuel Ramos, apuntou que están convidadas á reunión persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens, confrarías de pescadores, asociacións e federacións do sector pesqueiro, entidades públicas locais e asociacións sen ánimo de lucro, entre outras. Na convocatoria explicarase aos asistentes quen pode acceder a estas axudas, os requisitos para poder acollerse a elas, a tipoloxía dos proxectos que se poden presentar, os trámites e a documentación necesarios e os prazos de presentación das iniciativas, tal e como se indicou desde o GALP Golfo Ártabro Norte. Para obter máis información pódese consultar a páxina: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal