Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA TROMPICALLO PROTAGONIZARÁ UN ESPECTÁCULO CON MARIONETAS NO LOCAL SOCIAL DE PIÑEIROS
A iniciativa, que terá lugar o vindeiro 7 de outubro, diríxese a nenos e nenas de 1 a 5 anos e require inscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello
Narón, 2 de outubro de 2016. O teatro de marionetas da compañía Trompicallo centrará unha das actividades programadas desde a Concellería de Ensino e Bibliotecas –a través do Servizo de Normalización Lingüística- no local social de Piñeiros. A cita, baixo o título “O día que chegou unha nube e choveu”, programouse para o vindeiro 7 de outubro e diríxese a familias con nenos e nenas de entre 1 e 5 anos, tal e como indicou a concelleira da área, Mercedes Taibo. O 3 de outubro abrirase o prazo de inscrición nesta actividade, de balde, e para a que terán prioridade as familias que forman parte do proxecto Apego. A edil explicou que a convocatoria se desenvolverá en dúas sesións, unha que dará comezo ás 18.30 e a outra a partir das 19.30 horas. En cada un dos pases non poderá haber máis de cincuenta persoas, para deste xeito garantir o correcto desenvolvemento da actividade. O argumento da historia iniciase nun espazo cuberto de pedras e no que unha vez que comeza a chover aparecen herba, flores, peixes e ovellas, entre moitas outras especies. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no Servizo de Normalización Lingüística do Concello, a través do correo electrónico: a.pita@naron.es ou chamando ao número de teléfono 981 337 700 (ext.:1516).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal