Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PRESENTA UNHAS FESTAS DE VERÁN PARA TÓDOLOS PÚBLICOS
Ana Belén e Victor Manuel, Dover, música folk e o festival internacional de Folclore son algunhas das actuacións previstas para o mes de Xullo.
Narón, 30 de Abril de 2008.- O Concello de Narón ven de presentar as suas festas de verán 2008, que se desenvolverán do día 16 ó 20 de Xullo no paseo marítimo de Xuvia. O cambio de ubicación respecto a anos anteriores –nos que as celebracións tiñan lugar na Praza de Galicia- débese á necesidade de dispor de espazo suficiente para os grandes concertos musicais que acollerá o municipio durante estos días. O orzamento total dos festexos –nos que colaboran as concellerías de Festas, Cultura, e Xuventude, e a Alcaldía- ascende a 479.500 €. A intención do goberno local é ofrecer unhas festas para tódolos públicos, nas que cada día esté adicado a unha franza de idade. O obxectivo xeral destas Festas de Verán 2008 é o de dar unha imaxe de festas de cidade, e non un conxunto de actividades lúdico-festivas. Para facer posible esta idea, o Concello comenzará as celebracións o día 16 de Xullo cun pregón a cargo de Pedro Alonso e Mercedes Castro (protagonistas da serie de TVG “Padre Casares”). A continuación terán lugar as actuacións dos grupos “Los Truenos” e “Jockeys” (música dos anos 70) ás que seguirá unha sesión de fogos artificiais acuáticos –na ribeira de Xuvia-. O primeiro día festivo pecharase coa actuación do grupo “Los Zares”. O día 17 estará adicado ós xóvenes, con dous concertos de Siniestro Total e Dover. Na xornada seguinte, o día 18, actuará a Orquesta Galilea, e o dúo formado por Ana Belén e Víctor Manuel. O penúltimo día das celebracións, o 19, está programado o Festival Internacional de Folclore-Concello de Narón (con grupos de Las Palmas de Gran Canaria, Tenerife, Venezuela, México, Senegal, Portugal, Daguestán e Galicia) e, de novo, unha sesión de fogos artificiais. E xa para finalizar, a noite do 20 de Xullo haberá un Festival Folk no que participarán os grupos Faltriqueira (Galicia), Four men and a dog (Irlanda), e Milladoiro (Galicia). Ademais, o Concello organizará durante estos cinco días actuacións infantís e xuvenís, inchables, karaokes e teatro. O Alcalde de Narón, Xoán Gato, asegurou que estas festas teñen que convertirse nun referente, cando menos comarcal e provincial, como xa o son a Cultura, o Deporte ou a reindustrialización deste Concello.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es