Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E O EDIL DE OBRAS REUNÍRONSE CON REPRESENTANTES DA AVV ALTEA PARA INFORMAR SOBRE AS OBRAS DA PRAZA DO COLEXIO DE XUVIA
O rexedor local subliñou que a materialización do proxecto está pendente dun informe do departamento autonómico de Patrimonio
Narón, 25 de outubro de 2016. O alcalde, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, mantiveron esta mañá unha reunión no Concello con representantes da Asociación de Veciños Altea, de Xuvia, para explicar novamente en qué consistirán os traballos correspondentes ao proxecto de “Acondicionamento da Praza do colexio de Xuvia”. No transcurso da xuntanza Blanco incidiu en que non se realizará ningunha actuación do citado proxecto ata que se reciba o correspondente informe de Patrimonio. O primeiro edil explicou aos representantes veciñais que será precisamente o departamento autonómico de Patrimonio, en primeiro lugar, e o de Contratación, en segundo, os que determinen os prazos de execución dos traballos previstos na zona. Así mesmo, o alcalde naronés recalcou aos integrantes da directiva da asociación de veciños Altea que durante o período de execución das obras, e mentras non se remate a actuación, poderase aparcar na zona de vivendas. Blanco incidiu ademais en que a finalización da intervención prevista culminará coa habilitación dun aparcadoiro disuasorio. O rexedor e o concelleiro de Obras entregaron tamén un plano aos integrantes da AVV no que se poden ver as actuacións contempladas na praza do colexio de Xuvia, correspondentes á ampliación da citada praza e á humanización da zona. O investimento previsto para este proxecto, uns 90.000 euros, aprobouse nun pleno extraordinario celebrado a mediados do pasado mes de decembro e contou cos votos favorables de vinte dos vinte e un concelleiros da corporación local (todos excepto o edil de ENE). A obra executarase con cargo ao Plan de Acción Social 2015 (PAS) da Deputación da Coruña.

<<< Xaneiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es