Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL LEVARÁ AO PLENO DE OUTUBRO A CONXELACIÓN DE TAXAS E UNHA REBAIXA DO IBI PARA 2017
A aprobación das propostas plantexadas suporá una baixada do coeficiente do IBI ata o 0,65 o vindeiro ano, tal e como indicou o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar
Narón, 26 de outubro de 2016. O goberno local de Narón levará ao pleno ordinario de outubro –ás 19.00 horas- unha proposta de modificación de ordenanzas fiscais do Concello. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, explicou que os cambios propostos son na maioría dos casos de carácter técnico, se ben subliñou que no apartado económico se contempla a conxelación de taxas e tamén unha rebaixa no IBI, cuxo coeficiente pasará do 0,66 aprobado o pasado mes de abril ao 0,65. “Na práctica, a baixa no IBI traducirase nun desconto do recibo a pagar pola veciñanza xa este ano e que se notará máis o vindeiro 2017”, apuntou Villamar. O concelleiro naronés aludiu tamén a unha serie de cambios plantexados que en determinados casos permitirán o fraccionamento do pago de determinadas taxas desde 300 euros ata un importe máximo de 6.000 euros (sen aval) e cun prazo que poderá alcanzar nesa última contía os 48 meses. “Aquelas persoas ou empresas que estean atravesando unha situación económica complicada poderán recurrir ao fraccionamento dos pagos, unha opción que xa existía pero sobre a que agora ampliamos o abano de posibilidades ás que acollerse”, indicou o edil de Promoción Económica. No pleno someterase tamén a aprobación unha modificación de crédito por un importe de 916.495,39 euros. Con cargo a esta partida acometeranse diversas intervencións programadas desde o goberno local. Entre elas, o concelleiro naronés salientou as reservadas para a revisión cartográfica no núcleo rural do Val -13.200 euros-; a merca de terreos para completar o parque fluvial do río Freixeiro -50.000-; a adquisición de material para o Servició de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón (Speis) -63.160 euros-; obras de mellora na Casa Consistorial -19.932-; redacción de proxectos e informes en materia de accesibilidade e seguridade -79.852-; actuacións de mellora en centros educativos –uns 60.000- e reparación urxente de pavimentos en calzadas e beirarrúas -95.000-.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal