Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A REPRESENTACIÓN DA COMEDIA "VOAXA E CARMÍN"
A posta en escena desta obra, na que actúan Mabel Rivera e Belén Constenla, será o 29 de outubro a partir das 20.00 horas
Narón, 27 de outubro de 2016. A compañía teatral Butaca Zero será a encargada de representar a obra programada para este sábado, día 29, no Pazo da Cultura. Voaxa e Carmín é o título desta comedia, cuxo elenco, coas actrices Mabel Rivera e Belén Constenla, dirixirá Xavier Castiñeira. As entradas, á venda na billeteira do Pazo da Cultura, teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados. A representación comezará ás 20.00 horas e prolongarase durante case unha hora e media. Dúas mulleres, Maruxa e Coralia, máis coñecidas como “As Marías” da Alameda de Santiago de Compostela, vivirán unha serie de escenas de terror a través dunha viaxe iniciada nun día no que todo parecía normal pero no que Coralia anima a María a fuxir da rutina. O texto orixinal, de Esther F. Carrodeguas, obtivo no ano 2015 o Premio Abrente de Textos Teatrais na súa décima edición, convocada no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, en Ourense.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es