Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A LIÑA DE ALTA TENSIÓN ENTRE CORNIDO E FREIXEIRO ESTARÁ SOTERRADA ANTES DO 15 DE XUÑO
Narón, 7de Maio de 2008.- O alcalde de Narón, Xoán Gato, anunciou o inicio inminente das obras de soterramento da liña de alta tensión que cruza este municipio, que estará eliminada antes do día 15 de Xuño, segundo confirmou a empresa eléctrica Fenosa ó propio Concello. Trátase dunha actuación presupostada en tres millóns de euros, e que incluirá o soterramento de seis postes eléctricos ó longo de 1.100 metros. Concretamente, se suprimirá a liña 132KW que cruza dende Cornido ata Santa Mariña (Ferrol) e que discurre tamén pola zona de Freixeiro. En conxunto, vanse eliminar dende o apoio 12 PAS ata o 18PAS, o que se traduce en seis torres de alta tensión. Para poder executar esta obra, o pasado 4 de Decembro do 2006 firmouse un convenio entre o Concello de Narón, a Consellería de Industria e Unión Fenosa, comprometéndose cada unha de elas a aportar unha cantidade destinada a esta actuación. A obra civil foi presupostada en 964.606 euros, mentres que a instalación eléctrica ascende a 2.035.394€. Esta última intervención se executará con fondos do Concello de Narón (que aportará 535.394€, o que supón o 25,32% do total), a Consellería de Industria (600.000€ e o 30,47% do total), e Unión Fenosa (900.000€ e o 44,21%). O Concello tamén asume os gastos da obra civil (964.606€) aínda que gracias ás xestións realizadas polo Alcalde, Xoán Gato, dous empresas constructoras se encargarán de aportar os fondos para esta última actuación, xa que as liñas tamén discurren polas parcelas nas que executaron promocións inmobiliarias. Os tres millóns de euros desta actuación están a ser aportados en tres anualidades (2006, 2007 e 2008). Aínda que as liñas estarán retiradas coma moi tarde o 15 de Xuño, a vindeira semana se iniciarán xa os traballos de reforzo do apoio 18 (en Cornido), para que este poste poida suxeitar ben a nova obra. Trátase de obras previas e necesarias para poder levar a cabo unha actuación desta envergadura. O Concello explicou tamén que xa está homologada a instalación eléctrica que realizará Unión Fenosa en tódalas liñas subterráneas, e que xa dispón de tódolos permisos necesarios para executar esta intervención.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal