Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACORDA DAR O NOME "ANTONIO MARTÍNEZ ANEIROS" A UNHA RÚA E UN COMPLEXO DE EQUIPAMENTOS NA PARROQUIA DO VAL
O primeiro alcalde da etapa democrática no Concello de Narón recibirá un recoñecemento público nun acto programado para o 26 de novembro no Val
Narón, 29 de outubro de 2016. O que foi o primeiro alcalde en Narón da etapa democrática, Antonio Martínez Aneiros (O Val, 1933), recibirá o vindeiro 26 de novembro un recoñecemento organizado desde o Concello. O pleno ordinario celebrado o pasado xoves aprobou a proposta plantexada desde a Asociación de Veciños “Os Irmandiños” do Val solicitando que se nomease como rúa Antonio Martínez Aneiros un vial localizado no lugar de Vilacornelle, na citada parroquia naronesa. A iniciativa contou co respaldo da Fundación Terra de Trasancos e da Sociedade Deportiva O Val, ao igual que unha segunda proposta, unha declaración institucional tamén aprobada no pleno, para nomear “Complexo Social Antonio Martínez Aneiros” ao conxunto formado polo local social, a escola pública, a pista polideportiva, o consultorio médico e outras instalacións situadas no citado emprazamento. O acto público desta homenaxe terá lugar na parroquia do Val. “Trátase dun recoñecemento a unha persoa moi significativa para Narón, que foi o primeiro alcalde da etapa democrática, no ano 1979, baixo as siglas de Unidade Galega”, apuntou o alcalde, José Manuel Blanco. “Martínez Aneiros é unha das persoas que xunto cos seus compañeiros e compañeiras de corporación sentou as bases do que hoxe é o municipio de Narón, sendo fundamental o traballo desenvolvido desde aquelas primeiras corporacións locais para o presente e o futuro desta cidade”. Martínez Aneiros estivo seis anos á fronte da Alcaldía, entre 1979 e 1985, e a súa traxectoria política levouno ao Parlamento Galego, donde estivo durante unha lexislatura, do 1985 ao 1989. Na actualidade, o exalcalde valexo, un histórico da política local que militou baixo as siglas de Unidade Galega, Agrupación Nacionalista Galega de Narón e PSG-EG, está totalmente retirado da vida política. No ano 2010, con motivo da programación do Día de Narón, que se conmemora cada ano o 23 de novembro, Antonio Martínez Aneiros acudiu a unha homenaxe que brindou a corporación local aos exalcaldes naroneses, presentando uns retratos realizados polo pintor José González Collado e que permanecen desde entón expostos no Concello. O Día de Narón programou este ano un recoñecemento á persoa de Martínez Aneiros, destacando a corporación a súa traxectoria política co nomeamento dunha rúa e dun complexo social na parroquia da que é nativo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal