Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MANUEL RAÚL GIL BURÉS, GAÑADOR DO PRIMEIRO PREMIO DO "VIII CONCURSO DE PINTURA CIDADE DE NARÓN"
Ao certame presentáronse un total de setenta obras, das que as cincuenta e catro da categoría de adultos optaban aos premios
Narón, 23 de novembro de 2016. A alcaldesa accidental de Narón, Marián Ferreiro, presidiu o acto de entrega dos premios do “VIII Concurso de Pintura Cidade de Narón”. O evento desenvolveuse a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, donde permanecerán expostas as obras ata o vindeiro 12 de decembro. A alcaldesa accidental, que desculpou a ausencia do rexedor local, José Manuel Blanco, agradeceu a elevada participación nesta edición do certame. O primeiro premio, dotado con 1.500 euros, foi para Manuel Raúl Gil Burés, veciño de Taragoña (Rianxo), pola súa obra “Foise”. O seu cadro pasará a ser propiedade do Padroado da Cultura de Narón e ilustrará o cartel da vindeira edición deste concurso, tal e como se contempla nas bases. Así mesmo, o autor do mesmo terá dereito a unha exposición da súa obra durante quince días no Pazo da Cultura. O segundo premio, de 750 euros, foi para Manuel Ángel Serantes Morán, veciño de Ponferrada (León), coa obra “Urbano”, e o terceiro, de 400 euros, concedeuse a Eduardo Pérez Baamonde, de Cambados (Pontevedra), polo cadro “Faro Garreta”. Así mesmo, entregouse o Premio Especial “Francisco Criado”, de 200 euros, a Óscar Cabana Picado, de A Coruña, e autor do cadro “Obra 1053 Astilleros”. O xurado encargado de valorar as obras presentadas estivo presidido polo artista luso Manuel Patinha; o gañador da anterior edición do certame, Manuel Carballeira, e por Pedro Taboada, director da páxina www.pintoresgallegos.com. En total presentáronse a este concurso setenta cadros, dos que cincuenta e catro correspóndense coa categoría de adultos e os dezaséis restantes coa infantil, para nenas e nenos de ata quince anos. A todos os participantes entregóuselles un detalle participativo. Na súa intervención, Marián Ferreiro valorou a calidade das obras presentadas, destacando a súa gran variedade en canto á temática elixida polos seus autores e ás técnicas empregadas. A alcaldesa accidental da cidade incidiu na excelente acollida deste certame, recordando que participaron no mesmo persoas da cidade e da comarca pero tamén chegadas dos concellos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Rianxo, de Castela León e da Comunidade Valenciana, entre outras. Ferreiro recordou tamén que orixinariamente este certame se convocaba na AVV Ceibe de San Xiao pero nesta ocasión trasladouse ao Pazo da Cultura “debido ao considerable incremento no número de obras que cada ano se presentan, que nos obrigou a buscar un espazo no que tiveran cabida todos os cadros, un lugar onde poder conservalos e expoñelos nas mellores condicións posibles, que non é outro que este Pazo da Cultura”, recalcou. Tivo tamén a alcaldesa accidental palabras de agradecemento para a AVV Ceibe San Xiao, que colabora co Padroado da Cultura na organización deste certame e para os familiares de Francisco Criado –pintor de San Xiao en cuxo recoñecemento e recordo se convoca un premio honorífico neste evento- presente no acto desta tarde. Ao rematar o acto Marián Ferreiro felicitou aos premiados nesta edición en particular e, en xeral, a todas as persoas que participaron.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal