Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO "COIDANDO Á COIDADORA"
A sesión diríxese a quince mulleres de Narón, maiores de 18 anos, e comezará a desenvolverse o 9 de decembro
Narón, 28 de novembro de 2016. A edil de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de solicitude do obradoiro “Coidando á coidadora”, destinado a quince mulleres maiores de 18 anos. As sesións desenvolveranse a partir do 9 de decembro –terá unha duración total de 48 horas- no Centro Comunitario Vivendas da Mariña, en horario de 18.30 a 20.30 horas, tal e como apuntou a edil. As prazas dispoñibles cubriranse por rigorosa orde de inscrición, debendo presentarse as instancias no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8.30 a 13.30. As asistentes abordarán durante o obradoiro temáticas como as estratexias de autocoidado, para afrontar situacións difíciles, para mellorar a comunicación e emocións e sentimentos. “Trátase dunha obradoiro dirixido específicamente a aquelas mulleres que de xeito non profesional coidan a persoas dependentes, tratando de proporcionarlles unha serie de habelencias básicas para esta labor e tamén de reforzó psicolóxico”, explicou Sabio. As persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario municipal, chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 e 1115).

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es