Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa solidaria poden doar bicicletas de segunda man ata o 22 de decembro, deixándoas nos centros escolares da localidade ou no propio Concello
Narón, 29 de novembro de 2016. O equipo de Educación Viaria Escolar do Concello de Narón, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá, pon novamente en marcha a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”. O concelleiro responsable da área, Guillermo Sánchez Fojo, destacou esta iniciativa, que permitirá un ano máis “reparar as bicicletas doadas por particulares para colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, donde se entregarán as bicis para que se poidan repartir entre os nenos e nenas con menos recursos e usuarios deste servizo”. As persoas interesadas en colaborar nesta proposta poden entregar as súas bicicletas usadas no seu propio centro escolar –en horario lectivo- ou no Concello, en horario de mañá, ata o vindeiro 22 de decembro, tal e como explicou o concelleiro naronés. Unha das novidades deste ano, apuntou Sánchez Fojo, é que tamén se recollerán para a súa reparación bicis estáticas, se ben estas últimas se entregarán a un centro escolar da localidade, que impulsa un proxecto con este tipo de bicicletas. “O feito de entregar esas bicis para esta iniciativa, sumado ao traballo que realizará persoal do Equipo de Educación Viaria Escolar do Concello para reparalas, permitirá que algúns menores cuxas familias teñen escasos recursos económicos poidan recibila como agasallo este mesmo Nadal, co que iso representa para os nenos e nenas”, subliñou Sánchez Fojo, animando á veciñanza a sumarse a esta proposta solidaria.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal