Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROFESIONAIS E ESTUDANTES DE EDUCACIÓN INFANTIL PARTICIPARON NUN OBRADOIRO DE TEATRO IMPARTIDO POLA COMPAÑÍA TELONCILLO
A sesión desenvolveuse na gardería municipal da Solaina e estaba enmarcada no programa da "XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil" organizada polo Padroado da Cultura de Narón
Narón, 1 de decembro de 2016. A compañía Teloncillo Teatro, de Valladolid, impartiu o pasado martes, día 29, un obradoiro formativo para profesionais e estudantes, enmarcado na “XXXIV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” impulsada desde o Padroado da Cultura de Narón. O profesorado das escolas infantís municipais da cidade e o alumnado do Ciclo Formativo Superior de Educación Infantil foi o destinatario desta proposta, que se desenvolveu na gardería municipal da Solaina en horario de tarde, de 17.30 a 19.30. Os participantes abordaron técnicas de traballo en equipo individual e en grupo e tamén o xeito no que trasladar ás aulas determinadas actividades artísticas. A compañía Teloncillo Teatro representou desde o pasado luns dúas funcións cada mañá nas escolas infantís de Piñeiros, A Solaina e A Gándara. Hoxe mesmo representou o espectáculo Múuu… Las cosas de Celia na aula de educación Infantil do colexio Santiago Apóstol, tamén en Narón, tal e como recordaron desde o Padroado da Cultura. As funcións programadas nas escolas infantís municipais no marco desta Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil, iniciada en outubro con centros escolares e institutos de Narón e comarca –que acudiron ás representacións no Pazo da Cultura- rematan o 1 de decembro coas sesións programadas no Santiago Apóstol.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es