Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS "PANORAMA KIDS" E "AVENTURA CANINA"
O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana estes espectáculos, dirixidos ao público familiar e infantil e cuxas entradas se poden adquirir na billeteira do Pazo
Narón, 1 de decembro de 2016. O Padroado da Cultura de Narón ten á venda as últimas entradas dispoñibles para o espectáculo "Panorama Kids" que terá lugar este sábado, día 3, no Pazo da Cultura. Poden adquirirse a través da web de Ticketea ou na billeteira do Pazo a un prezo de 12 euros en venda anticipada e 14 o propio día da actuación. Este musical, dirixido ao público familiar, terá dous pases, un ás 18.00 horas e o último ás 20.30. Os integrantes da orquestra Panorama, unha vintena de persoas, subiranse ao escenario para interpretar varios temas infantís, clásicos e outros de máis actualidade dirixidos ao público infantil. O show aposta tamén pola interactuación co público, o que sumado á calidade do musical e aos vistosos decorados farán deste espectáculo unha proposta da que gozarán tanto os menores como o público adulto. Así mesmo, tamén están a venda na billeteira do Pazo as últimas cincuenta entradas para o musical "Aventura Canina", que terá lugar o domingo, 4 de decembro, ás 17.00 horas. O prezo das entradas é de 12 euros en venda anticipada e de 14 o día da actuación. A compañía Tertulia Produccións trae a Narón esta proposta cultural, baseada na exitosa serie infantil "La Patrulla Canina", na que non faltará a emoción e donde a música, a diversión e o xogo cobran un especial interese.

<<< Outubro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17 18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es