Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS DESTINA ALGO MÁIS DE 77.000 EUROS Á MELLORA DE VARIOS PARQUES DO MUNICIPIO
Os traballos proxectáronse tanto en áreas de xogo infantil como noutras biosaudables localizadas en diferentes barrios da zona urbana
Narón, 14 de decembro de 2016. A Concellería de Servizos, dirixida polo edil Ibán Santalla, está a acometer unha serie de melloras en parques infantís e biosaudables da localidade. Unha das últimas actuacións realizadas acometeuse no da Praza Mestre Yáñez, no Alto, donde había unha serie de elementos de xogo para nenos e nenas que se retiraron para instalar elementos biosaudables, colocándose tamén caucho na zona de seguridade e instalándose dúas mesas de picnic e bancos de madeira. O edil de Servizos e a portavoz de TEGA, Marián Ferreiro, desprazáronse esta mañá á zona para ver o resultado final dos traballos acometidos no recinto. A escasos metros, na Praza de Galicia, ampliouse a área de xogos do parque infantil con novos elementos. O investimento realizado no citado parque biosaudable é de 11.000 euros. “Esta actuación, xunto coas programadas noutras tres zonas de xogo do municipio, suporá un investimento total de 77.152 euros que nos permitirá mellorar considerablemente os parques infantís e biosaudables do municipio”, recalcou Santalla, que incidiu en que “a meirande parte desta partida xenérica, todo menos 13.500 euros, procede das arcas municipais”. Así mesmo, o Concello destinou 18.755 euros para a colocación de caucho nas zonas de seguridade dos parques das prazas Clara Campoamor, 23 de Novembro e da Lectura. A maiores, apuntou Santalla, na Praza 23 de Novembro instaláronse dous novos elementos de xogo (O Castelo dos gnomos e un balancín), con cargo a unha partida de 17.397 euros. Unha das intervencións pendentes de executar é a da Praza da Lectura, á que se destinará unha partida de 30.000 euros para acometer unha serie de modificacións. Do total do investimento previsto, 13.500 euros proceden dunha subvención da Deputación da Coruña, se ben os 16.500 restantes son das arcas municipais. Neste recinto instalaranse tres novos elementos (unha rede trepadora, un multixogo e un carrusel) e retirarase toda a loseta para garantir a seguridade dos nenos e nenas na zona de xogo, substituíndoa por caucho, tal e como apuntou o concelleiro de Servizos. O edil recordou que, en base a unhas melloras na praza Irmás Freire, pintáronse catro xogos infantís no chan, para que os nenos e nenas poidan gozar tamén nese espazo de máis actividades durante o seu tempo de ocio.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal