Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTADO O PRIMEIRO PREMIO DE PINTURA "CIDADE DE NARÓN"
O certame está organizado pola AVV Ceibe de San Xiao en colaboración co Padroado de Cultura.
Narón,15 de Maio de 2008.- A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, e o presidente da Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao, Leandro Pita, presentaron hoxe o I Premio de Pintura “Cidade de Narón”, que tal e como reseñou a Edil “nace coa vocación de prolongarse no tempo”. Para consolidar este evento, o Padroado de Cultura aporta na súa primeira edición un total de 3.000 euros que se destinarán ós premios. Haberá tres premios para adultos, de entre 200 e 500 €, e outros tres para a categoría infantil/xuvenil ós que se entregará material de pintura. O I Premio de Pintura “Cidade de Narón”, é unha iniciativa da Escola de Pintura da AVV Ceibe, segundo indicou o seu presidente. Leandro Pita explicou que na actualidade forman esta escola “entre 15 e 20 alumnos, que foron os que nos propuxeron realizar este concurso, e nos encantados collimos a idea”. Pita agradeceu a colaboración do Concello para poder levar a cabo o certame. Este concurso está dirixido aos veciños de Narón e ós municipios da comarca, e establece dúas categorías: infantil/xuvenil (ata 16 anos) e adultos (a partires de 17 anos de idade). As obras que se presenten ó premio deberán ser orixinales, e só se admitirá unha obra por autor, de temática libre. As bases do certame permiten realizar a técnica e o estilo libre, e as medidas dos cadros serán dun máximo de 80x80 centímetros. As obras presentadas serán seleccionadas por un xurado, pasarán a fase final do concurso e serán expostas. Os interesados en participar poden depositar as súas obras no local da AVV Ceibe de San Xiao –ublicado no lugar de A Igrexa, s/n- entre os días 2 e 16 de Xuño, en horario de 19 a 21 horas. O Premio de Pintura rematará coa entrega dun diploma acreditativo a tódolos seleccionados para a fase final, na que se exporán un máximo de 40 obras entre os días 20 e 22 de Xuño no local da AVV Ceibe de San Xiao. A entrega de premios terá lugar o día 22 de Xuño, e o xurado estará composto por un membro da directiva da AVV Ceibe de San Xiao, un representante municipal, unha o varias persoas vinculadas co mundo da pintura, e o secretario da AVV Ceibe. Dentro do I Premio de Pintura, a AVV convoca o premio especial Francisco Criado –que foi un pintor naif, recentemente falecido e veciño de San Xiao-. Este galardón corre por conta da asociación Ceibe, e está dotado con 100 euros de premio ademáis dun trofeo.
Descarga de archivos
BASES DO I PREMIO DE PINTURA "CIDADE DE NARÓN"
Tamaño:3,90 MB

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal