Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS REPARTIRÁ UNHA GUÍA E PARTICIPARÁ EN VARIAS INICIATIVAS PARA FOMENTAR A RECICLAXE DE RESIDUOS NO MUNICIPIO
A Praza de Galicia acollerá o vindeiro 29 de decembro un aula móbil informativa dunha campaña impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e respaldada por Ecoembes, Sogama e o Concello naronés
Narón, 16 de decembro de 2016. Os abonados da empresa mixta de augas do municipio, Cosma, recibirán co próximo recibo da compañía unha “Guía de reciclaxe en Narón”. Así o apuntou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, que explicou que o Concello e Urbaser –adxudicataria da recollida de lixo no municipio- impulsan esta campaña, baixo o lema “Separa os residuos, coida Narón”. En total editáronse 19.000 dípticos informativos que se ensobrarán nas facturas e tamén se entregarán en diferentes dependencias da localidade. Santalla indicou que na guía de reciclaxe se especifican os materiais a depositar nos colectores amarelo –envases de plástico, metálicos e bricks, non botes plásticos duros nin xoguetes-; azul –papel e cartón: xornais, revistas, caixas, libros, folletos e sobres, non papeis sucios ou servilletas usadas-, así como nos iglús verdes –botellas de vidro, tarros e frascos de conserva, non botes de cristal nin tapas ou tapóns-. Na información que se remitirá aos abonados de Cosma tamén se recorda que as instalacións do Punto Limpo da cidade, ubicadas frente a Sogama, no Polígono de Río do Pozo, permanecen abertas de luns a venres, de 9.00 a 13.00 e desde as 16.00 ata as 19.00 horas, e os sábados de 9.00 a 14.00. Alértase ademais da prohibición de tirar alí os residuos sen chamar e incídese na existencia dun servizo de recollida, co que se pode contactar a través do número de teléfono 981 391 074. No Punto Limpo pódense depositar metáis, entullos, voluminosos, aceites vexetais e de motor, electrodomésticos, medicamentos, fluorescentes, pinturas, baterías e pilas, entre outros. O concelleiro naronés recordou a obriga de cumprir coa Ordenanza de Residuos e Limpeza Viaria do Concello de Narón, na que entre outros asuntos se especifica que os horarios de recollida de vidro son de 9.00 a 22.00; o colector de restos orgánicos (verde escuro) débese empregar de 20.00 a 23.00 horas excepto os sábados e vésperas de festivos (por non haber servizo de recollida) e o azul e o amarelo carecen dun horario establecido. Así mesmo, o edil de Servizos avanzou que o vindeiro 26 de decembro a Praza de Galicia acollerá unha aula móbil informativa sobre a campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben. Reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. Recicla”. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e respaldada por Ecoembes e Sogama. Santalla explicou que esta proposta, na que se informará á cidadanía sobre cómo clasificar mellor os residuos para a súa posterior reciclaxe, estará operativa en horario de 11.00 a 14.00. Todas estas propostas encamíñanse, tal e como especificou o concelleiro de Servizos, “a dar cumprimento á normativa da Comisión Europea, que marcou como obxectivo alcanzar unha taxa de reciclaxe do 50% en cada un dos compoñentes dos residuos domiciliarios no ano 2020”. Pero a maiores, especificou o edil, o vindeiro ano, coincidindo coa saída a concurso do servizo de recollida de lixo, requerirase tamén a recollida de residuos orgánicos para facer compost nun colector específico. “Entre todos os veciños e as veciñas conseguiremos incrementar as taxas de reciclaxe de residuos na localidade, contribuíndo deste xeito ao coidado do medio ambiente e, ao tempo, a manter limpa a nosa cidade”, subliñou Santalla.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal