Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VINTE NENOS E NENAS DE NARÓN PARTICIPAN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA CONCILIAESCOLA NADAL
Os menores, de entre 4 e 12 anos, agrupáronse en dúas quendas que rematarán o vindeiro 5 de xaneiro os obradoiros programados nas instalacións do CRA de Domirón
Narón, 29 de decembro de 2016. Un total de vinte nenos e nenas de entre 4 e 12 anos participan estes días nas actividades do programa ConciliaEscola Nadal. A proposta, impulsada desde a Concellería de Igualdade e subvencionada pola Deputación da Coruña, conta con dúas quendas, de dez prazas cada unha, se ben a primeira delas, iniciada o pasado luns, finalizará este mediodía e a segunda iniciarase mañá e rematará o 5 de xaneiro. A convocatoria desenvólvese nas instalacións do CRA de Domirón, en horario de mañá –de 7.30 a 14.00- e ofertouse tanto á veciñanza da zona urbana como da rural, habilitándose un servizo de transporte escolar. A concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, visitou aos participantes da primeira quenda, que se amosaron satisfeitos coas actividades desenvolvidas nos últimos días no marco deste programa. Obradoiros de educación para a igualdade, de saúde, convivencia de tempo libre e outras moitas actividades forman parte da programación deseñada para o programa ConciliaEscola Nadal. A edil Teresa Sabio recordou que “o éxito desta iniciativa consolídase ano tras ano, constituíndo todo un referente para os seus usuarios e usuarias, que coincidindo coa tempada de vacacións escolares dispoñen de máis facilidades para poder conciliar a súa vida laboral e familiar”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal