Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS GAÑADORES DAS DÚAS PRIMEIRAS CESTAS DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE" RECIBIRON O SEU PREMIO NO CONCELLO
Os galardoados foron Miguel Neira e Marcial Calvo, que resultaron elixidos nos sorteos realizados nos establecementos Zona PC e Mi Nené, respectivamente
Narón, 2 de xaneiro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco; o concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), Olga Ameneiro, entregaron esta mañá no Concello as dúas primeiras cestas da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” impulsada polo Consistorio e a ACN. Miguel Neira Aneiros e Marcial Calvo Agras recibiron cada un a súa cesta cunha gran variedade de produtos de Nadal. As papeletas premiadas sorteáronse nos establecementos Zona PC e Mi Nené, se ben a propietaria deste último, Lucía García, acudiu tamén ao acto celebrado hoxe. Os representantes do goberno local e da ACN felicitaron aos dous galardoados no primeiro dos sorteos desta campaña de Nadal. O edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, destacou o feito de que “as persoas que compran estes días en Narón poden gozar da programación de Nadal, ao tempo que dos seus establecementos e tamén obter un dos premios desta iniciativa”. Pola súa parte, Olga Ameneiro agradeceu a implicación dos preto de 140 comercios que participan este ano na campaña e tamén das persoas que apostan polo pequeno comercio local para realizar as súas compras. Finalmente o alcalde, José Manuel Blanco, felicitou aos premiados e animounos a continuar realizando compras nos establecementos adheridos á campaña –que poden consultarse na web: www.comerciodenaron.es, e dos que destacou a súa calidade e variedade-, para así optar ao resto de premios que se entregarán nos vindeiros días. Esta mesma semana sortearanse outras dúas cestas con produtos de Nadal e o 11 de xaneiro dous vales por importe de 500 euros e outros dous de 300 que deberán gastarse nos comercios desta campaña os días 16 e 17 de xaneiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal