Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE 2016 INCLÚE CINCO PRAZAS DE PROMOCIÓN INTERNA E DÚAS DE CONSOLIDACIÓN
A OPE do exercicio de 2016 aprobouse en Xunta de Goberno Local o pasado mes de decembro e publicouse no BOP do 2 de xaneiro de 2017
Narón, 5 de xaneiro de 2017. A Oferta de Emprego Público (OPE) do Concello de Narón correspondente ao exercicio de 2016 inclúe un total de sete prazas, das que cinco son de promoción interna e dúas de consolidación. No primeiro dos apartados, tal e como indicou o edil de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz, inclúense unha de Historiador-Arquiveiro-Arqueólogo (A1); outra de Técnico de Xestión (A2); unha máis de Técnico de Grao Medio docente (A2) e dúas de Administrativo (C1). As dúas restantes, de consolidación de praza, para as que se esixirán unha serie de requisitos, son de Administrativo (C1) e Auxiliar Administrativo (C2). A OPE de 2016 do Concello naronés aprobouse en Xunta de Goberno Local o pasado 22 de decembro e publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do día 2 de xaneiro de 2017. Así mesmo, con cargo á OPE do ano 2015, o BOP do pasado luns tamén informou dunha vacante na Policía Local, se ben neste caso se trata dunha praza de mobilidade –derivada dun traslado-.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal