Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA OS CURSOS DE INTERNET NA ZONA RURAL
A Concellería de Novas Tecnoloxías levará a cabo a partires de Xuño esta iniciativa nas distintas parroquias do municipio.
Narón, 19 de Maio de 2008.- A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida por Paloma González Cuevas, ven de abrir o prazo de inscripción para asistir ós cursos básicos de iniciación a Internet na zona rural. Os veciños interesados neste servizo poderán formalizar a inscripción dende hoxe e ata o día 30 de Maio no Servizo Sociocomunitario Municipal, situado na 1ª pranta do Concello. Tal e como informou hoxe a Edil de Novas Tecnoloxías, Paloma González Cuevas, o obxectivo desta actividade é “intentar achegar as novas tecnoloxías ós vecinos da zona rural de Narón, que son os que o teñen máis compricado para acceder a elas”. Esta convocatoria ofrece dous niveles: iniciación e perfeccionamento. O primeiro dos cursos consta de 10 horas lectivas, mentres que o segundo suma 20 horas de clases prácticas. O Concello desprazará ata os locais sociais municipais os equipos necesarios para impartir as clases, que poderán celebrarse en horario de mañá o tarde. “Queremos empezar os cursos no mes de Xuño”, declarou a Edil. O presuposto desta actividade ascende a 8.720 euros, que se repartirán entre o aluguer dos equipos informáticos e o apartado de formación. Nos seminarios se ensinarán coñecementos básicos de informática (coma escribir un documento en Word) e Internet. Neste último apartado serán os alumnos os que elixan as nocións que desexan aprender, coma realizar trámites administrativos ou leer os periódicos a través da rede. As parroquias nas que se ofrecerán estos cursos son as seguintes: San Mateo, O Val, Castro, San Xiao, Sedes, Pedroso, e Doso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal