Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECE Á CIDADANÍA INFORMACIÓN SOBRE UNHAS AXUDAS PARA EMPRENDEDORES CONVOCADAS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A través da Axencia de Empleo de Desenvolvemento Local, ubicada no entrechán do Consistorio naronés, poderán informarse as persoas interesadas en acollerse a esta liña de subvencións, que entre outros requisitos deben ter entre 25 e 34 anos
Narón, 2 de febreiro de 2017. A Deputación da Coruña anunciou unha liña de axudas, a través do Programa de Emprego Local (PEL) destinadas a mozas e mozos emprendedores de entre 25 e 34 anos. A concelleira de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, indicou que desde a Axencia de Emprego de Desenvolvemento Local –localizada no Entrechán do Concello, ou coa que se pode contactar a través do teléfono 981 337 700 (ext.1123)- se ofrecerá ás persoas interesadas a información precisa para poder concorrer a estas axudas, que se poden solicitar ata o vindeiro 3 de marzo de forma telemática a través da plataforma Subtel, na páxina: https://sede.dicoruna.es. A edil naronesa explicou que se trata dun sistema de concorrencia competitiva, polo que a administración provincial estableceu unha baremación por puntos para realizar as valoracións oportunas dos proxectos presentados. O tipo de empresa, o sector, o plan financiero e a innovación serán algúns deses aspectos a ter en conta á hora de valorar as propostas presentadas, tal e como se recolle nas bases da convocatoria, publicadas no Boletín Oficial da Provincia o pasado 16 de xaneiro. Entre os requisitos imprescindibles para poder acollerse ás axudas están o feito de que a data de alta da empresa sexa anterior á da presentación da solicitude e que os gastos a subvencionar –ata un importe máximo de 20.000 euros e para iniciativas de ata 40.000- se destinen a equipos de proceso e aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe e mobiliario, debendo adquirirse este mesmo ano. Esta liña de axudas, tal e como se apunta desde a Deputación da Coruña, ten entre os seus obxectivos contribuír á dinamización da actividade empresarial e a fortalecer o tecido produtivo a nivel local, a través do apoio aos mozos e mozas que apostan por crear as súas propias empresas. A edil naronesa animou aos veciños e veciñas de Narón que poidan acollerse a estas subvencións que se informen das mesmas “para valorar a posibilidade de obter unha aportación económica que lles axude nos seus inicios no mundo empresarial, que non sempre son sinxelos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal