Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FREMAP BONIFICA AO CONCELLO CON 4.837 EUROS POLA BAIXA SINISTRALIDADE LABORAL REXISTRADA DURANTE O ANO 2015
O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu una Mención Honorífica no Concello de mans de Juan Pablo del Río, delegado en Ferrol da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (Fremap)
Narón, 3 de febreiro de 2017. A Dirección Xeral da Seguridade Social emitiu unha resolución autorizando bonificar ao Concello de Narón cunha partida de 4.837,13 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2015. O alcalde, José Manuel Blanco, recibiu unha Mención Honorífica de mans de Juan Pablo del Río, director da delegación de Ferrol da Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (Fremap), que acudiu acompañado de dous técnicos da compañía, Agustín Rubio e Isabel María Díaz. Os representantes de Fremap, xunto co responsable de Seguridade e Saúde Laboral do Concello, David Corral, mantiveron unha xuntanza co rexedor local no seu despacho antes de proceder á entrega da citada Mención Honorífica. No documento, emitido a modo de diploma, faise constar o feito de que o Concello de Narón distinguíuse durante o exercicio de 2015 “na contribución da redución da sinistralidade laboral, de acordo cos requisitos establecidos no R.D. 404/2010, de 31 de marzo”. Desde o ano 2010 o Concello naronés recibiu periodicamente diferentes contías en concepto da diminución e prevención da sinistralidade laboral. En concreto, nos cinco anos anteriores percibiu un total de 21.094,86 euros, aos que agora se suma esta partida de 4.837,13. Para poder optar a estas aportacións, a administración local tivo que cumprir unha serie de requisitos, como realizar actividades preventivas e accións formativas dirixidas ao persoal que traballa no Concello sobre riscos laborais, nomear a un responsable de prevención na área, e vixiar a saúde dos traballadores e traballadoras, entre outros. Así mesmo, cabe recordar que o Concello de Narón dispón dun Comité de Seguridade e Saúde Laboral que se constituíu no ano 2005 e do que forman parte os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla, e tres funcionarios: Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal