Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA INFANTIL DA SOLAINA ACOLLERÁ A PRESENTACIÓN DO NOVO WEB "DO BERCE Á RÚA"
A cita, á que se convocou aos pais e nais de menores matriculados nas garderías municipais, terá lugar o mércores 8 de febreiro
Narón, 6 de febreiro de 2017. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón vai presentar esta semana o novo web “Do berce á rúa”. Así o avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, ao indicar que o vindeiro mércores, día 8, a Escola Infantil Municipal da Solaina acollerá a presentación do novo portal web. A cita dará comezo ás 17.30 horas, tal e como indicou a edil naronesa, e á mesma están xa convidadas as familias usuarias das escolas infantís da localidade. Taibo destacou as vantaxes deste tipo de iniciativas impulsadas desde o Servizo de Normalización Lingüística de Narón, en canto que “promoven a participación das familias no uso da lingua galega, inculcándollela aos seus fillos e fillas desde que son pequenos”. Taibo destacou os recursos que ofrece o web entre os que destacan: xogos, cancións, arrolos, primeiras palabras, e tamén recursos moi útiles sobre a saúde, nomes en galego e consellos de crianza, entre outros. “A participación das familias é fundamental neste tipo de iniciativas, coas que colaboramos intensamente desde o Concello para tratar de facilitar na medida do posible unha serie de servizos e materiais para fomentar o uso da nosa lingua”, recalcou a edil de Ensino.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es