Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLERÁ A ESTREA DA COMEDIA "O SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN"
A representación terá lugar o 11 de febreiro e convócase trala etapa da Residencia Técnica Artística compartida que a compañía Voadora levou a cabo no Teatro Colón da Coruña e no Pazo da Cultura naronés
Narón, 7 de febreiro de 2017. O teatro protagonizará esta fin de semana a actividade do Pazo da Cultura cunha nova estrea. Neste caso será o turno da compañía compostelá “Voadora”, que este sábado, día 11, representará a comedia O soño dunha noite de verán, dirixida por Marta Pazos. As entradas están xa á venda –na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. A representación dará comezo ás 20.00 horas. O Padroado da Cultura de Narón e o Teatro Colón da Coruña acolleron a primeira Residencia Técnica Artística compartida entre teatros públicos na provincia, a cargo nesta ocasión da compañía “Voadora”, que tivo á súa disposición persoal e equipos de ambas instalacións culturais para os seus ensaios. O traballo realizado polo persoal de “Voadora” durante esa Residencia deu forma a este novo espectáculo, que parte da adaptación dunha obra de Shakespeare. Demetrio, Lisandro, Hermia e Helena son catro dos protagonistas desta obra, que vivirán diferentes historias de amor, con fugas e persecucións incluídas. A comedia O soño dunha noite de verán representarase nas vindeiras semanas noutras localidades galegas, como Rianxo, Noia, Oleiros e Santiago de Compostela, entre outras.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal