Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA DE PERSOAL CONXUNTA DO CONCELLO CONDENA DE NOVO A ACTITUDE DO PORTAVOZ DE ELIXIMOS NÁRON ELECTORES
Os representantes dos traballadores amosaron publicamente a repulsa do colectivo á actuación do edil de ENE polas súas manifestacións sobre o traballo realizado por funcionarios municipais
Narón, 7 de febreiro de 2017. O presidente da Xunta de Persoal Conxunta (persoal funcionario e laboral) do Concello de Narón, Manuel Gómez; o secretario, César Bouza, e Juan Carlos Yáñez, en representación do colectivo, reprobaron publicamente a actitude do concelleiro de Eliximos Narón Electores (ENE), Alfonso Casal. Bouza leu un escrito no que se aludía aos acordos adoitados na Mesa de Negociación, e no que se fixo constar a “máis enérxica condena e repulsa á derradeira actuación do concelleiro de Eliximos Narón Electores, Alfonso Casal pola publicación nas redes sociais dun comentario infamante e despectivo contra unha funcionaria municipal poñendo en dúbida a súa imparcialidade”. O colectivo insta ao edil a retirar de inmediato o comentario, referido a un informe entregado a ese concelleiro, que “fai practicamente identificable á funcionaria”. Así mesmo, indicaron, a Mesa acordou solicitarlle ao alcalde, José Manuel Blanco, o encargo dun dictame xurídico externo no que se indiquen as posibles actuacións legais “contra aqueles que amparándose no anonimato utilizan as redes sociais e internet para menosprezar, difamar ou inxuriar aos empregados públicos deste Concello ou mesmo comparten, como Casal Pita, esas manifestacións”. A finalidade do informe é ver se se está cometendo unha ilegalidade e actuar en consecuencia, tal e como explicou Bouza. “É a terceira ou cuarta vez que este concelleiro fai un comentario deste tipo e vémonos na obriga de tomar as medidas que correspondan”, asegurou. Por último, os representantes da Xunta de Persoal Conxunta recordáronlle a Casal Pita que xa tivo que desculparse, por facer públicos os nomes e apelidos de varios funcionarios, nun pleno celebrado a finais do pasado mes de novembro e no que os vinte concelleiros restantes da corporación local naronesa reprobaron a actitude do edil de ENE.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal