Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ORGANIZA CURSOS DE SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS E INSTALACIÓNS ACUÁTICAS
O Concello de Narón poderá derivar a un máximo de cinco candidatas ou candidatos, que deberán estar desempregados e entregar a documentación requerida ata o vindeiro 17 de febreiro
Narón, 13 de febreiro de 2017. A Deputación da Coruña convoca, a través do Plan de Emprego Local (PEL) dous cursos de Socorrismo en espazos acuáticos naturais e Socorrismo en instalacións acuáticas. A convocatoria diríxese a persoas desempregadas e permite ao Concello derivar a un máximo de cinco candidatos da cidade, que deben entregar a documentación pertinente como data tope o vindeiro venres, día 17 –incluído- ata as 13.00 horas na oficina da Axente de Desenvolvemento Local –no entrechán do Concello-. As persoas que cumpran os requisitos esixidos derivaranse atendendo á orde de entrega da documentación no Concello. A edil de Formación, Natalia Hermida, indicou que os interesados terán que cumplimentar os formularios de inscrición –que se poden descargar das webs da Deputación ou do Concello de Narón- e, subliñou, remitilos cos informes médicos requeridos para poder participar no proceso de selección dos candidatos. As esixentes probas físicas correspondentes á zona, nas que se inclúe aos candidatos de Narón entre o Grupo 1, celebraranse o vindeiro sábado 18 de febreiro no Complexo Deportivo Javier Gómez Noya, en Caranza (Ferrol), a partir das 8.15 horas. O curso de Socorrismo en espazos acuáticos naturais ten unha duración total de 420 horas, das que 340 son de formación teórica e as 80 restantes práctica. A convocatoria de Socorrismo en instalacións acuáticas é de 370 horas, 290 teóricas e 80 prácticas, tal e como se especifica desde a administración provincial. A inscrición debe realizarse para as dúas modalidades formativas, se ben a primeira delas iniciarase o vindeiro mes de marzo e a segunda en outubro deste ano. A formación teórica desenvolverase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (Fesga) –rúa Gambrinus, nº 151, nave 3, A Coruña-, de luns a venres a razón de seis horas diarias e en horario de mañá, de 9.00 a 15.00, durante un período de tres meses. Así mesmo, as prácticas profesionais non laborais realizaranse en praias de concellos da provincia a partir do mes de xuño, indicaron. Para obter máis información sobre esta convocatoria pódese chamar á Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Narón, ao número de teléfono 981 337 700 (ext. 1123).
Descarga de archivos
Formulario de inscrición
Tamaño:385,38 KB
Documentación
Tamaño:240,59 KB
Calendario de probas
Tamaño:230,50 KB
Proceso
Tamaño:346,76 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal