Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO CEIP A GÁNDARA VISITARON O CONCELLO
Un grupo de vinte e catro rapaces e rapazas do centro reuníronse co alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos
Narón, 14 de febreiro de 2017. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu esta mañá no salón de plenos, ás 10.30 horas, a un grupo de vinte e catro alumnos e alumnas de quinto curso de educación Primaria do CEIP da Gándara. Os menores visitaron algunhas dependencias municipais e unha vez no salón de plenos formularon varias preguntas ao rexedor local sobre o seu día a día no traballo á fronte da Alcaldía, entre outros asuntos. Así mesmo, pudieron ver unha proxección sobre o funcionamento e algunhas das instalacións e dependencias municipais antes de regresar de novo ao seu centro escolar. A iniciativa retómase este ano no marco das visitas que anualmente se programan desde o Servizo Sociocomunitario Municipal cos centros escolares da localidade. A vindeira sesión programada terá lugar o martes 21 de febreiro, xornada na que outros vinte e catro nenos e nenas de quinto de Primaria do CEIP da Gándara se desprazarán ao Concello, tamén ás 10.30 horas. Así mesmo, tal e como indicaron desde o Servizo Sociocomunitario Municipal, ata o mes de maio están xa programadas outras visitas de alumnos e alumnas dos CEIP Ponte de Xuvia, A Solaina e Virxe do Mar, de quinto e sexto curso de educación Primaria e de educación Infantil, dependendo do centro. Según as previsións, visitarán o Consistorio nos vindeiros catro meses, antes do remate do presente curso escolar, uns douscentos escolares da localidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal