Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLE ESTE DOMINGO O CONCERTO "DR.QUEEN" EN HOMENAXE A FREDDIE MERCURY
A cita, a cargo de Tertulia Producción, dará comezo ás 19.00 horas e as entradas poden adquirirse a través do Pazo ou da web do Padroado da Cultura
Narón, 16 de febreiro de 2017. A compañía Tertulia Producción levará este domingo, día 19, ao Pazo da Cultura, o concerto “Dr. Queen”. Trátase dunha homenaxe a Freddie Mercury, a modo de tributo ao fundador e vocalista da banda de rock Queen e cunha proposta única e innovadora que leva máis de dezasete anos en xira. O espectáculo dará comezo ás 19.00 horas e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo ou na web do Padroado –www.padroadodecultura.es-. Na venda anticipada o prezo é de 18 euros no patio de butacas e de 15 nos anfiteatros, pero no caso de adquirilas o propio día da actuación ascende a 22 e 20 euros, nas respectivas ubicacións. A música, as vestimentas e a posta en escena son fundamentais neste concerto. A banda Doctor Queen está considerada como a mellor de tributo a Queen polos coidados cos que tratan cada detalle do espectáculo. Durante as dúas horas de duración deste concerto o público escoitará temas clásicos, pero tamén máis recentes que farán gozar aos asistentes desde o comezo da actuación.

<<< Decembro 2022 >>>

LMMXVSD
  1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19 20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
www.naron.es