Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINARÁ 1,8 MILLÓNS DE EUROS DO POS+ DA DEPUTACIÓN A DIVERSOS INVESTIMENTOS NAS ZONAS URBANA E RURAL
As actuacións previstas levaranse a un pleno extraordinario que se desenvolverá o 21 de febreiro no Consistorio
Narón, 17 de febreiro de 2017. O POS+ 2017 da Deputación da Coruña, (Plan único de concellos que unifica os programas: PAS, POS e PAI da administración provincial), destinará a Narón unha partida de 1.801.825,84 euros. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o concelleiro de Obras Públicas, Pablo Mauriz, presentaron hoxe as actuacións ás que se destinará esa partida, que permitirá acometer importantes intervencións na cidade, tal e como apuntaron. Unha parte da achega económica destinarase a gasto corrente, concretamente 791.342,43 euros, tal e como apuntou o rexedor local, se ben a partida restante se reservará para varias actuacións. A proposta levarase a un pleno extraordinario o 21 de febreiro. En canto ás obras a acometer, Blanco explicou que se proxectaron melloras no parque infantil de Freixeiro, valoradas en 18.332,81 euros; parques caninos en Freixeiro e na Solaina e unha caseta de aseos no parque de Freixeiro, por valor de 29.706,93 euros; dotación de rego en zonas verdes do paseo de Xuvia, por 30.006,19 euros e un parque infantil xunto ao río Inxerto e elementos biosaudables, valorados en 22.387,38. Tamén con cargo ao programa se destinarán 142.019, 70 euros a construír un anexo para almacén no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, e dúas partidas a asfaltados e aglomerados en viais da zona rural, concretamente dos Camiños da Verruga, a Lebre e outros de Doso, San Xiao e O Feal, por un importe de 138.657,88 e Viñas, Igrexa e outros en Castro e San Mateo, por 105.869,07 euros. En canto ao préstamo provincial, Mauriz sinalou que a melloras en vías públicas, como os camiños de Martiño, Portela e outros en Pedroso e Sedes se reservarán 132.339,35 euros e outros 130.103,29 á pavimentación de camiños en Pedreira, Picota e outros no Val e no Couto. Á adquisición de novas aplicación informáticas e renovación de material no Centro Municipal de Formación resérvanse 58.130,92 euros. Así mesmo, contémplase neste apartado un investimento de 50.999.31 euros para a construción dun novo parque en Piñeiros e outra de 50.504,40 euros para melloras nos locais Sociais de San Mateo, Doso e unha senda en Pedroso. Por último, con cargo ao POS+ da Deputación, no apartado de amortización de débeda con entidades financieiras, resérvase unha partida de 101.426,18 euros. A maiores dos 1.801.825,84 euros concedidos, o Concello solicitou unha serie de obras a enmarcar no Plan Complementario, valoradas en total en 469.299,74 euros. Con cargo a esta partida, no caso de que se conceda, procederase a investir en Xuvia 138.723,04 euros en melloras de eficiencia enerxética, en varias zonas da parroquia, excepto a estrada de Castela; outros 41.872,29 euros á construción dunha cancha multideporte en Xuvia e 179.769,84 euros á primeira fase das beirarrúas proxectadas nas Vivendas da Mariña e 108.934,57 ás proxectadas na avenida Conde de Fenosa. O rexedor local, José Manuel Blanco, destacou a relevancia das intervencións que se acometerán con cargo a estas achegas procedentes da Deputación da Coruña. A maiores, o edil destacou o feito de que por vez primeira a citada administración unificase os programas de investimento e liñas de subvención dirixidas aos concellos da provincia, “co que iso representa en canto á maior autonomía que se concede ás administracións locais á hora de realizar os investimentos que consideren prioritarios e tamén por simplificar a tramitación das mesmas”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal