Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A "EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA NARÓN 2017" CELEBRARASE ESTA FIN DE SEMANA EN SEDES
O recinto feiral do Trece acollerá a convocatoria os días 4 e 5 de marzo, cunha gran variedade de actividades que inclúen un taller de perrucaría canina e un campionato galego, entre outras.
Narón, 27 de febreiro de 2017. O recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes, acollerá este ano unha nova edición, a sexta, da “Exposición Nacional Canina Narón 2017”. A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou esta mañá o evento en rolda de prensa acompañada por Javier Davila, presidente da Sociedade Cinolóxica Galega Expogal, e de Tiago Ferreira, da perrucaría canina Patacán. As actividades programadas sucederánse na tarde do sábado e o domingo todo o día e a organización prevé a asistencia de algo máis dun centenar de cans, tal e como avanzou Davila, que agradeceu a colaboración do Concello naronés. Os organizadores apostaron este ano por innovar a programación, reservando a xornada do sábado 4 de marzo para actos destinados maioritariamente a xente da comarca. En concreto, tal e como apuntou Davila, enfocarase á perrucaría canina e ao coidado de cans. A partir das 17.30 horas dará comezo un taller de perrucaría canina, que será de balde e para o que non será precisa inscrición previa. “Vai un pouco enfocado aos nenos e nenas e ás súas mascotas, para que pregunten sobre as pautas e coidados dos seus animais”, explicou Ferreira. Unha vez que remate o taller dará comezo o Concurso de mascotas, no que poderá participar calquera particular que o desexe coa súa mascota, pagando unha tarifa de tres euros e anotándose ata as 17.30 horas. Hai catro variedades: Miss, Mister, Pitufín e Kinkong, tanto para machos como para femias, independentemente do tamaño dos exemplares. O domingo día 5 estará adicado aos cans de raza. Así o indicou Davila, recordando que se celebrará o Campionato Galego, comezando os xuízos ás 11.00 e desenvolvéndose ata as 13.30 horas. A final terá lugar ás 16.30 e a continuación procederase á entrega dos diferentes trofeos da convocatoria. Para participar no concurso haberá que apuntarse ata as 11.00 horas do domingo e pagar 20 euros. Na “Exposición Nacional Canina Narón 2017”, durante os dous días persoal especializado realizará recoñecementos de raza de mascotas ás persoas interesadas e tamén se ofrecerá asesoramento legal sobre a normativa de tenencia de animais, entre outras. A edil naronesa animou á veciñanza a asistir a esta cita, “pensada tanto para os nenos e nenas, con actividades propias para as súas mascotas, como para toda aquela xente que queira participar dun xeito máis profesional neste evento”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal