Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ESCOLARES DO COLEXIO PONTE DE XUVIA VISITARON O CONCELLO
Os menores viron unha proxección sobre o Consistorio e diferentes instalacións municipais antes de reunirse co alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos
Narón, 7 de marzo de 2017. Unha vintena de alumnas e alumnos de sexto curso de educación Infantil do CEIP Ponte de Xuvia visitaron hoxe o Concello. Os menores viron unha proxección sobre o Concello e diversas dependencias municipais antes de reunirse co alcalde, José Manuel Blanco, no salón de plenos, sobre as 10.30 horas. As nenas e nenos formularon algunhas preguntas ao rexedor local desde os sillóns que ocupan nos plenos os concelleiros da corporación local naronesa. Finalmente, recibiron de mans do alcalde, como agasallo, un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”. A cita enmárcase no programa de visitas escolares ao Concello impulsada desde o Servizo Sociocomunitario Municipal, en colaboración con diferentes centros educativos da localidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal