Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR VISITOU O CONCELLO DE NARÓN
Un total de vinte e dous escolares do centro reuníronse no salón de plenos co alcalde, José Manuel Blanco, e recibiron un libro como agasallo pola súa visita á Casa Consistorial
Narón, 21 de marzo de 2017. Un grupo de vinte e dous nenas e nenos de educación Infantil do colexio Virxe do Mar visitou esta mañá o Concello de Narón acompañado por dúas mestras do centro. Os menores, de cinco anos, asistiron á proxección dun vídeo no que se mostraban algunhas das instalacións e edificios municipais máis coñecidos. Sobre as 10.30 horas foron recibidos no salón de plenos polo alcalde, José Manuel Blanco. As nenas e nenos formularon algunhas preguntas, e tamén peticións, ao rexedor local, que respostou a todas cantas cuestións lle plantexaron. Esta actividade, impulsada a través do Servizo Sociocomunitario, continuará desenvolvéndose nos meses de abril e maio con escolares doutros centros educativos do municipio. Como agasallo pola súa visita ao Concello, os menores recibiron un exemplar do libro “Os Bolechas visitan Narón”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es