Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO ATENTADO DE LONDRES
Persoal da corporación local e traballadores do Concello amosaron a súa repulsa a este suceso que tivo lugar onte, no que morreron catro persoas e resultaron feridas unhas corenta
Narón, 23 de marzo de 2017. Integrantes da corporación local de Narón, encabezada pola alcaldesa accidental, Marián Ferreiro, participaron hoxe xunto con persoal laboral e funcionario do Concello nunha concentración en repulsa do atentado que tivo lugar onte en Londres. No acto, que deu comezo ás 12.00 horas ante a porta principal do Consistorio, os asistentes gardaron un minuto de silencio en sinal de repulsa dos feitos e como mostra de dó polo suceso, no que morreron catro persoas e resultaron feridas unhas corenta, algunhas delas de gravidade. Unha das vítimas mortais foi Aysha Frade, unha muller de 45 anos, con raíces galegas, concretamente de Betanzos de onde é nativa a súa nai, que tamén vive en Londres. Un home que intentaba entrar no palacio de Westminster arrollou a varios peóns cun vehículo, que circulaba a gran velocidade pola ponte de Westminster e que se empotrou contra a verxa do Parlamento, tal e como apuntaron fontes policiais. O home foi abatido pola policía.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal