Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GRUPO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL SEITURA 22 INFORMARÁ DAS AXUDAS DO PROGRAMA LEADER 2014-2020
O edil de Urbanismo, Manuel Ramos, e o xerente de Seitura 22, Anxo Martínez, participarán na convocatoria, programada para o 24 de marzo ás 19.00 horas no Pazo da Cultura
Narón, 23 de marzo de 2017. O concelleiro de Urbanismo de Narón, Manuel Ramos, e o xerente do Grupo de Desenvolvemento Local Seitura 22, Anxo Martínez, participarán o día 24 de marzo nun acto informativo sobre os fondos Leader 2014-2020. A cita, dirixida a empresarios, movemento asociativo en xeral, persoas a título particular e outras entidades, terá lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura a partir das 19.00 horas. No transcurso da convocatoria, Anxo Martínez explicará aos asistentes o funcionamento das citadas axudas, que contemplan unha partida na súa primeira convocatoria de 563.000 euros para os 22 concellos integrantes de Seitura. A primeira destas convocatorias pechará o vindeiro 31 de marzo, pero no caso de que queden fondos dispoñibles convocaranse novas edicións. Poderán optar a estas axudas aquelas persoas a título individual ou colectivos que impulsen proxectos produtivos –por exemplo para iniciar ou ampliar un negocio- ou non produtivos –dentro dos que se inclúen os propios concellos e asociacións sen ánimo de lucro-. Desde Seitura 22 animan á xente interesada a acollerse a este tipo de fondos, dos que recibirán a información que estimen oportuna na citada xuntanza. O GDL Seitura 22 é o encargado de xestionar os fondos Leader nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e tamén nos concellos de Miño e Vilarmaior durante o periodo 2014-2020.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es