Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE RECIBIU ESTA MAÑÁ NO SALÓN DE PLENOS A ESCOLARES DO CEIP VIRXE DO MAR
Unha vintena de nenas e nenos do centro desprazáronse ao Concello para ver unha proxección sobre instalacións municipais e formular varias preguntas ao rexedor local
Narón, 18 de abril de 2017. Alumnado do CEIP Virxe do Mar visitou esta mañá o Concello. Vinte e un nenas e nenos de quinto e sexto curso de Primaria do citado centro, acompañados por unha mestra, desprazáronse ata o Concello donde, como é habitual, os recibiu o alcalde, José Manuel Blanco no salón de plenos. Alí viron unha proxección sobre o Concello, para ensinarlles as localizacións máis emblemáticas da cidade e, a continuación, formularon unha gran variedade de preguntas ao rexedor local, que respostou a cantas cuestións plantexaron os escolares. En recordo da súa visita ao Concello os menores recibiron como agasallo unha gorra e un bolígrafo institucionais. Desde o pasado mes de febreiro xa participaron nesta iniciativa, impulsada a través do Servizo Sociocomunitario Municipal, nenas e nenos de quinto de Primaria do CEIP da Gándara; de sexto de Infantil do CEIP Ponte de Xuvia e de Infantil do CEIP Virxe do Mar. O vindeiro mes de maio está programada a visita de tres grupos de alumnado de educación Infantil do CEIP A Solaina.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal