Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NUNHA NOVA INICIATIVA DA CAMPAÑA "PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS"
A cita terá lugar o 22 de abril na praza Irmáns García Naveira, no municipio de Betanzos e desenvolverase en horario de mañá e tarde
Narón, 20 de abril de 2017. A concelleira de Turismo de Narón, Natalia Hermida, desprazarase este sábado a Betanzos para asistir a unha nova iniciativa do programa “Primavera no Camiño Inglés”, impulsada desde a Deputación da Coruña e na que colaboran diversos concellos da comarca, entre eles o de Narón, A cita desenvolverase entre as 11.30 e as 19.30 horas na Praza Irmáns García Naveira. Ao longo da xornada haberá actuacións musicais de agrupacións procedentes de diferentes localidades ubicadas na zona do Camiño Inglés e tamén degustacións de produtos típicos das mesmas, así como mostras de artesanía e presentación de algúns obradoiros sobre esta ruta de peregrinaxe. No caso de Narón, tal e como indicou Natalia Hermida, ofrecerase aos asistentes información sobre o municipio e proxectaranse vídeos nos que se poderán ver algúns dos lugares e edificios máis emblemáticos da cidade, así como elementos que forman parte do seu patrimonio. A colaboración do Concello de Narón nesta iniciativa impulsada desde a administración provincial constatouse xa o pasado 31 de marzo, cando tivo lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura a conferencia “Unha ollada ao pasado e ao futuro”, enmarcada tamén na campaña “Primavera no Camiño Inglés”. O xornalista e divulgador da Ruta Xacobea Cristóbal Ramírez e o historiador municipal de Narón, André Pena, foron os encargados de intervir nesta proposta concebida para promocionar o Camiño Inglés cara a Compostela.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal