Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL DESTINA UNS 950.000 EUROS A MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VARIAS RÚAS E EDIFICIOS MUNICIPAIS
O edil de Obras, Pablo Mauriz, destacou a importancia de continuar avanzando nesta área para así dar cumprimento aos obxectivos marcados pola UE para o ano 2020
Narón, 22 de abril de 2017. Un considerable aforro económico e en mantemento de equipos para as arcas municipais e a drástica redución de emisións de dióxido de carbono (CO2) á atmósfera levan ao Concello a destinar unha partida global de 947.134,27 euros a novos proxectos de mellora da eficiencia enerxética en varias rúas da localidade e edificios municipais. Así o anunciou o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, que explicou que unha parte deste investimento realízase con cargo a fondos propios do Concello, mentres que outra se cofinanciará con subvencións das administracións autonómica e provincial. Unha parte das actuacións previstas xa están rematadas, se ben quedan pendientes as melloras de eficiencia enerxética previstas con cargo a fondos do PAS 2016 da Deputación da Coruña: nas Vivendas do Bispo e Concepción Arenal –cunha partida de 114.998,40 euros- e na iluminación pública das Vivendas da Mariña -184.999,32 euros-. Con cargo a fondos da Deputación tamén se procederá a mellorar o sistema de alumeado no pavillón polideportivo da Gándara -29.369,12 euros-, tanto na pista polideportiva e na zona da grada como na piscina cuberta, concretamente nos laterais do vaso. A través do POS+ 2017 da Deputación da Coruña tamén se procederá a acometer varias melloras de eficiencia enerxética no barrio de Xuvia. Neste caso o investimento ascende a 138.723,04 euros, e consistirá na substitución dun total de 170 luminarias por tecnoloxía led nunha trintena de zonas –rúas e prazas- do citado barrio. As melloras, neste caso, serán nas rúas Bailén, transversal de Megasa, Manuel de Cal, Cáceres, paralela a FEVE, río Baxoi, praza da estrada de Castela, Río do Porto, Río Inxerto e Río Pereiro, Camiño da Revolta, Somozas, Foro, Marcial Calvo, Praza do Concello, Xoán XXIII, Irmandade, Doutor Fleming, Paseo, Colexio (paseo da Ribeira), Praza de San Roque, Xoán de Cangas e camiño peonil desta vía, Garda Civil, Telleiras, Curros Enríquez, Río Forcadas, Irmáns Freire, acceso a FEVE e Altea. Por último, está prevista outra intervención con cargo á Xunta, por un importe de 7.709,20 euros e que permitirá mellorar a iluminación do Pazo da Cultura, tanto no baixo como nos primeiro e segundo andar. “O goberno local realiza un considerable investimento co fin de continuar acometendo obras que contribuirán a reducir a contaminación atmosférica e apostar pola eficiencia enerxética, dando así cumprimento aos obxectivos marcados desde a Unión Europea para o ano 2020, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 20%”, subliñou Mauriz.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal