Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "XIV ENCONTRO DE BANDAS DE MÚSICA" CELEBRARASE O 6 DE MAIO NO PAZO DA CULTURA
Actuarán nesta nova edición do evento a Banda de Vilalba, a Lira de Ribadavia e a Xove Banda de Narón
Narón, 2 de maio de 2017. A décimo cuarta edición do “Encontro de Bandas de Música” organizado polo Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira desenvolverase o vindeiro sábado, día 6, no Pazo da Cultura. A cita dará comezo ás 18.00 horas e actuarán na mesma, tal e como anunciou a vicepresidenta do Padroado, Marián Ferreiro, a Banda de Vilalba, a Lira de Ribadavia e a Xove Banda de Narón, da Agrupación Cultural Musical Sementeira, que pechará o certame. As persoas que desexen asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de dous euros, na billeteira do Pazo da Cultura, no seu horario de apertura habitual.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal