Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESPECTÁCULO MÚSICO-TEATRAL "CANTA O CUCO" REPRESENTARASE NO PAZO DA CULTURA
A cita, dirixida ao público familiar e de case unha hora de duración, terá lugar o domingo 7 de maio a partir das 18.00 horas
Narón, 3 de maio de 2017. O espectáculo músico-teatral “Canta o cuco” poderá verse este domingo, 7 de maio, no Pazo da Cultura. A compañía Urdime Propostas Culturais traerá a Narón esta obra, que amosa unha visión contemporánea dos versos do poeta lucense Manuel María, adaptados aos nenos e nenas do século XXI. A obra diríxese ao público familiar, a partir de cinco anos, e comezará a representarse a partir das 18.00 horas. O prezo das entradas, xa á venda na billeteira do Pazo, é de 9,50 euros para o público en xeral; 6,65 para aboados e desempregados e 5,50 para os menores de 14 anos. Dous grandes da música galega, Magín Blanco e Uxía, compartirán escenario con Héctor Lorenzo, Santi Cribeiro e Inacio Vilariño. Música tradicional e folc, canción de autor, rock e pop son algúns dos temas que se combinarán cos poemas de Manuel María. O espectáculo ten unha duración de case unha hora, un tempo no que os espectadores gozarán da mistura de diferentes técnicas escénicas, como a música, os títeres e o traballo actoral, entre outras.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal