Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA ASOCIACIÓN GALEGA DE LUPUS ILUMINANDO DE COR MALVA A ROTONDA DE FREIXEIRO
A entidade conmemora o 10 de maio o Día Mundial do Lupus con varios actos en diferentes municipios para concienciar á cidadanía e dar máis visibilidade a esta doenza.
Narón, 9 de maio de 2017. O goberno local de Narón colaborará coa Asociación Galega de Lupus, que conmemora mañá, día 10, o Día Mundial do Lupus. Sobre as 21.30 horas –e ata primeira hora do día 11- procederase a iluminar cuns filtros de cor malva a fonte da glorieta de Freixeiro, na estrada de Castela, para axudar á entidade a concienciar á cidadanía sobre esta enfermidade. O lupus é unha doenza autoinmune, crónica e inflamatoria que pode afectar a distintas partes do corpo, xeralmente á pel, pero tamén ás articulacións, aos músculos e aos riles, en determinados casos. A colaboración do Concello de Narón súmase á doutros municipios galegos que tamén mañá iluminarán algúns espazos e edificios públicos, para así dar maior visibilidade a esta doenza.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal