Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA "OS MELLORES MONÓLOGOS" DE CARLOS BLANCO
O espectáculo do actor e presentador galego terá lugar o vindeiro sábado, día 13, a partir das 20.00 horas
Narón, 9 de maio de 2017. O actor e presentador pontevedrés Carlos Blanco estará o sábado, día 13, no Pazo da Cultura, donde interpretará “Os mellores monólogos”. A cita, dirixida ao público adulto, terá lugar a partir das 20.00 horas e as persoas interesadas en asistir poden xa adquirir as súas entradas na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral; e de 6,65 para abonados, menores de 14 anos e desempregados. O espectáculo ten unha duración aproximada dunha hora, un tempo no que o público gozará do traballo de Carlos Blanco, con risas garantidas desde o inicio do mesmo. Nesta comedia o actor galego resumirá trinta anos da súa traxectoria profesional. Unha traxectoria que o levou ao mundo da interpretación e tamén a presentar varios programas de televisión. No seu dilatado currículo Blanco conta, entre moitos outros traballos, cunha colaboración no ano 2006 na película “Volver”, do cineasta Pedro Almodóvar; presentou case unha decena de programas da TVG desde mediados da década dos 80; actuou en varias series televisivas de canles autonómicas e nacionais e tamén en numerosas obras de teatro. Así mesmo, Carlos Blanco estivo nominado aos Premios Mestre Mateo en tres ocasións, gañando o de Mellor interpretación masculina secundaria no ano 2005 pola película “Heroína” e tamén se alzou no ano 2013 co de Mellor actor no Festival de Cine de Alacante pola obra “Desayuno con diadema”.

<<< Febreiro 2023 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13 14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
www.naron.es